
Hoxe, ou mellor dito onte, comezoú "O VERÁN". Si, con maiusculas, o VERÁN de tódolos veráns, ese verán do que se dirá nun futuro "despois daquel verán, nada foi como antes". Está eiquí, mostrando detrás de cada raio de sol, de cada grao que sube o termómetro, o seu semblante, a sua face. Levanto a vista da pantalla, miro pola fiestra, e semella o de tódolos anos, o de sempre; sol e bastante calor (disque din que este verán será moi caluroso, xa o veremos), óese o ruido dunha fresa fresando nunha finca, o ruido dunha excavadora traballando no ancheamento da estrada, vai sol e bastante calor, pero este, non será un verán coma os de sempre.
Abrímolle as portas, e deixámolo entrar nas nosas vidas coma facemos tódolos anos, uns coa pereza que nós da pensar no puto calor, que nós aplatana, que semella consumir as nosas forzas dende primeira hora, que nós estorba ata para ter sonos que durante o día son imposibeles; outros, coa ledicia de sair a pasear ensinando palmito, poder ir a praia inda que só sexa pra aceleralo cancro ou sonsumir cremas que nós "protexen", pra írense de vacacións ou poder pasar duas horas escoitando a radio nun atasco. Que mais da, todo isto da igual, o caso é que "O VERÁN", chamoú as nosas portas, e nos abrímosllas de par en par.
Agora, só queda agardar, deixar pasar, pois algo virá e pasará.
Por certo, isto antes escrito, só vale pra metado do mundo xeográfico, pra outra metade, abríronse as portas do inverno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario